Even-Zohar, Itamar 1995. "Planificación da cultura e mercado". GRIAL, 126
(Abril, maio, xuño -- Tomo XXXIII/ 1995), pp. 181-200.

 

PLANIFICACIÓN DA CULTURA E MERCADO

 

Itamar Even-Zohar

 

I.

 

A PLANIFICACIÓN DA CULTURA: ÉXITO E FRACASO. CONCLUSIÓNS
XERAIS

 

A finalidade deste traballo é a proposta dunha serie de hipóteses
verbo das relacións entre a planificación da cultura e as forzas do mer-
cado como factores de organización da vida social e individual. Estas
hipóteses son básicamente xeneralizacións inductivas a partir dunha
serie de estudios particulares; a súa conceptualización e análise, non
embargantes, non sería posible sen a formulación teórica fornecida pre-
viamente polas teorías da cultura. Síntome na obriga, daquela, de
esbozar aquí explícitamente as conclusións, provisionais polo de agora,
dos estudios mencionados e os presupostos teóricos que serviron como
marco para o seu desenvolvemento.

 

Antes de afondar na análise, formularei as hipóteses xerais:

 

l. A planificación da cultura é unha actividade común na historia
das entidades colectivas de calquera dimensión ("familia", "clan",
"tribo", "comunidade" ou "nación"). Aínda que a práctica da planifica-
ción da cultura a poidamos atopar xa desde os albores da historia,
cando realmente adquiriu un especial dinamismo foi a partir de finais
do século XVIII nos países de Occidente, especialmente ó nivel das
grandes entidades sociais. Desde aquela, converteuse nun factor funda-
mental na configuración, transformación e estabilidade destas entidades
sociais.

 


 

* Relatorio pronunciado con ocasión do seminario "Literatura galega: ¿literatura
nacional ou subalterna?' Mondoñedo, 3-5 de setembro de 1994. Agradezo a Xoán
González-Millán e a Montserrat Iglesias a súa axuda inestimable na preparación do texto
na versión en castelán.
[A versión en castelán está accesible da páxina Internet de Itamar Even-Zohar:
http://www.tau.ac.il/~itamarez/ps_esp/plan-mon.htm]

 

[nova páxina] 182 Itamar Even-Zohar

 

2. A execución da planificación proporciona cohesión socio-semió-
tica a unha entidade real ou potencial, ó xerar un espírito de solidarie-
dade entre os individuos que se suman ó repertorio introducido pola
devandita execución.

 

3. Esta cohesión pode converterse nunha condición necesaria para
constituir unha nova entidade e/ou para a supervivencia dunha enti-
dade xa preexistente.

 

4. O realmente relevante nunha planificación da cultura é, daquela,
a posibilidade de que se leve a cabo con éxito. Acorde con isto, os pla-
nificadores deben quer posuír o poder, quer conquístalo, quer conse-
guir o apoio dos que o detentan.

 

5. Por medio dunha execución efectiva, os que detentan o poder e
mais os planificadores (incluídos aquí todos aqueles grupos mixtos de
ambos colectivos que actúen coa súa correspondente capacidade)
poden dominar ou controlar unha determinada entidade social. En
tanto que en determinadas circunstancias tal dominio pode ser descrito
ou analizado como o obxectivo único e o máis efectivo instrumento de
que dispón unha entidade social para a súa supervivencia.

 

6. Dado que por definición a execución da planificación da cultura
supón sempre unha transformación dun determinado estado de cousas,
as perspectivas de éxito dependen dunha efectiva explotación das con-
dicións de mercado. A probabilidade de que a planificación se vexa
frustrada debe estar sempre entre as previsións tomadas. Ademais, nos
casos en que as forzas de oposición á planificación da cultura sexan
moi fortes, é posible o seu fracaso parcial ou total.

 

7. No caso de se producir un fracaso, parcial ou total, a planificación
e mais as actividades relacionadas con ela non orixinan necesariamente
resultados negativos desde o punto de vista do benestar da entidade
correspondente. Sosteño que cando ten lugar unha actividade de planifi-
cación, independentemente das súas consecuencias, a entidade perti-
nente alcanza case sempre unha mellora nas súas condicións de vida.
Ademais, estou cada vez máis convencido de que para a conservación
dunha entidade socio-semiótica humana tal como a planificación per se
pode xerar unha certa dinámica, unha intensificación da vitalidade que
permite a esta entidade acceder a certas opcións das que previamente
puido ser excluída. Suxiro o termo "enerxía" para designar este conxunto
de acontecementos, polo menos ata atopar un termo máis apropiado.

 

II. O CONCEPTO DE "CULTURA"

 

Por presuntuoso que semelle, creo que todos compartimos a con-
cepción, baseada en máis de cen anos de estudios, de que a cultura se
pode definir como un agregado ou un repertorio de opcións que orga-
nizan as interaccións sociais.

 

[nova páxina] Planificación da cultura e mercado 183

 

Os termos "agregado" e "repertorio" suxiren conxuntos de ele-
mentos que manteñen relacións de interdependencia. Xeralmente, os
repertorios son concibidos como conxuntos preestablecidos entre os
que se pode realizar unha selección. Esta idea foi suxerida baixo unha
gran variedade de termos, tales como "lingua", "eixe de selección",
"paradigmático" ou "código", entre outros. Varios niveis do repertorio
foron obxecto de discusión: unidades discretas (tal como o conxunto
de pronomes, ou o denominado campo semántica do movemento),
combinacións preestablecidas (tales como expresións ou comporta-
mentos prefixados: a aperta de mans ó dicir ¿que tal está vostede", que
vén sendo un bo exemplo de ambas as dúas dimensións), e modelos
de maior magnitude, tales como "os procedementos máis efectivos na
interacción cun administrador cando se busca traballo" (como observa
Gumperz
1). A hipótese principal, sen embargo, acentúa claramente a
idea de estructuración como un aspecto distintivo dun repertorio, é
dicir, a interdependencia dos componentes dun repertorio no sentido
de que os seus valores están determinados polas súas interrelacións.
Así, un conxunto non organizado, en caso de que isto fose posible,
non constitúe necesariamente un repertorio.

 

O termo "opción" pode esixir unha explicación máis elaborada. Por
definición, connota a elección entre dúas ou máis posibilidades dunha
situación determinada. Sen embargo, o acceso ás posibilidades non
existe en todas as situacións, aínda que poida estar presente no reper-
torio; unha posibilidade en si mesma pode estar presente nun repertorio
e ausente noutro. Seguindo o exemplo clásico de Voegelin
2, "a persoa
inmersa na cultura" sabe que "resulta máis apropiado axeonllarse nunha
igrexa ca nunha oficina". Isto ilustra claramente o caso dunha elección
limitada. Sen embargo, hai que engadir que onde non hai igrexas, ou
onde as igrexas non son católicas, o propio acto de se axeonllar non é
nin sequero unha posibilidade. Por suposto que o acto físico da xenufle-
xión resulta aquí irrelevante. É máis ben a función semiótica o que real-
mente importa. Pola súa mediación, a realidade social, ou o sistema de
interaccións humanas, é modelado mentalmente e transformado nun
comportamento efectivo. En xeral, todas as "opcións" son desa natureza,
ou componentes de comportamento ("behavioremas" como suxeriu hai
xa ben tempo Pike
3) portadores de funcións socio-semióticas, é dicir,
dispositivos (mentáis) de modelación, ou modelos dos que se derivan
unha diversidade de comportamentos.

 


 

1. Gumperz, John, "The Retrieval of Socio-cultural Knowledge in Conversation" en
Poetics Today 1 (1-2), 1979, pp. 273-286. Do mesmo autor "Discourse Strategies". Studies
in interactional sociolinguistics
, 1. Cambridge University Press. Cambridge, 1982.

 

2. Voegelin, C. F. "Casual and Non-casual Utterances Within Unified Structure" en
Style in Language Ed. Thomas A. Sebeok, MIT Press, Cambridge, 1960, pp. 57-59.

 

3. Pike, Kenneth L. Language in Relation to a Unified theory of the Structure of
Human Behavior
[= Janua linguarum, series maior, 24] The Hague, Mouton, 1971
(1967), 2ª ed. rev.

[nova páxina] 184 Itamar Even-Zohar

 

Dicir que o repertorio de opcións organiza a interacción social signi-
fica que "a cultura" non é concibida aquí como unha superestructura
social, nin como un reflexo de fenómenos sociais. Máis ben é conside-
rada como o principio de organización por excelencia da vida social,
tanto a un nivel individual como colectivo. Non hai, daquela, vida social
sen cultura, nin pode grupo ningún, ou entidade (colectiva) perfecta-
mente delimitada, definirse como tal sen se adherir a unha cultura deter-
minada, é dicir, sen recorrer a un repertorio diferenciable e identificable.

 

En anticipación de probables equívocos en tomo a un posible pos-
tulado encuberto de homoxeneidade, apresúrome a subliñar que o
concepto de "repertorio de opcións" é de feito unha abreviatura teórica
de "repertorio de repertorios de opcións". Non existe nunca un reper-
torio para un conxunto de situacións determinadas ou para un grupo
social específico. Creo que non cómpre discutir en detalle esta idea,
sobre a que reflexionei nos meus traballos en torno á "teoría dos poli-
sistemas"
4.

 

A multiplicidade de repertorios que existen en concorrencia fai
posible que certos sectores e individuos dunha determinada sociedade
teñan máis fácil acceso ás opcións que outros. Daquela, canto máis
complexo sexa o repertorio, tanto máis lle importa saber ó grupo e
mais ós seus membros en que medida son accesibles e apropiadas as
opcións nunha situación determinada. Ademais, unha das opcións
que opera en tales momentos é loxicamente a capacidade de saber se
unha opción é ou non a apropiada. Obviamente, a suxerente noción de
"capital cultural" proposta por Bourdieu
5 é perfectamente aplicable a
esta análise. Cun mellor capital cultural acumulado calquera grupo ou
individuo logra máis "éxito". Esta hipótese pode ser aplicable a grandes
unidades, como as "nacións", por exemplo.

 

A familiaridade cunha cultura é, daquela, unha condición absoluta-
mente necesaria para manter con éxito a interacción colectiva ou indi-
vidual. Sen embargo, o simple feito de coñecer en profundidade unha
cultura, por imprescindible e beneficiosa que esta sexa, equivalería a
ser competente só no uso dunha máquina (sen saber como está cons-
truída ou como funciona). Adquírese un mellor e máis poderoso capital
cando se participa activamente na conformación dun repertorio de
opcións. Noutras palabras, o saber facer e a habelencia dun consu-
midor, un intérprete ou un difusor dun repertorio é desde o punto de

 


 

4. Even-Zohar, Itamar. Polysystem Studies. [= Poetics Today 11:1]. Duke University Press,
Durham.
Edición especial de Poetics Today Iglesias Santos, Montserrat. "El sistema lite-
rario: Teoría empírica y teoría de los polisistemas" en Avances en la Teoría de la litera-
tura: Estética de la Recepción, Pragmática, Teoría Empírica y Teoría de los Polisistemas

Ed. Darío Villanueva. Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela
1994, pp. 309-356.

 

5. Bourdieu, Pierre. "Le marché des biens symboliques" en L'année sociologique 22,
1971, pp. 49-126.

[nova páxina] Planificación da cultura e mercado 185

 

vista da independencia, do éxito e da mestría indubidablemente infe-
rior á dun producto de novas opcións, é dicir, un innovador.

 

III. A PLANIFICACIÓN DA CULTURA E O DESENVOLVEMENTO ESPONTÁNEO

 

A planificación da cultura resulta, así, claramente un exemplo da
creación de novas opcións nun repertorio. Sen embargo, cabe aquí
unha certa ambigüidade, pois o termo "novas" non é tan evidente.
Quixera argumentar que desde un punto de vista moi xenérico, cal-
quera elemento ou calquera tipo de relación aínda existente, debe
considerarse como "novo". Calquera acto, polo tanto, mediante o cal
se produce un cambio nun elemento xa existente é, por definición,
unha innovación.

 

A concepción xeralmente aceptada sobre repertorios culturais é que
dalgunha maneira aparecen e se desenvolven mediante contribucións
de masas anónimas. Estas contribucións son descritas normalmente
como "espontáneas", é dicir, como productos, e mesmo subproductos,
do proceso da interacción humana. Unha presuposición da idea de
espontaneidade é que os componentes que emerxen en tales circuns-
tancias son fortuítos. Ademais, a maneira en que o inventario acumu-
lado se organiza e se transforma nun repertorio parece ser o resultado
de libres negociacións entre as forzas do mercado. A cuestión principal
na axenda de todas as ciencias humanas xira en torno ós complexos
mecanismos utilizados polos entes sociais cando adoptan ou se suman
a un repertorio específico, a partir da libre negociación entre as forzas
mencionadas. Esta concepción é unha hipótese básica, eficiente e ade-
cuada para a investigación da cultura.

 

Non obstante, e sen ter que eliminar as ideas de espontaneidade e
negociación do mercado, esta hipótese precisa varias modificacións,
consistentes fundamentalmente na introducción de dimensións adicio-
nais, unha das cales sería a hipótese de que a planificación pode xurdir
en calquera momento como unha consecuencia ineludible das devan-
ditas negociacións. Noutras palabras, unha vez que a entidade, indivi-
dual ou colectiva, detentadora dunha determinada posición, dá en
actuar para promover certos componentes e para suprimir outros, a
"espontaneidades" e os "actos intencionais" chegan a ser ipso facto
mutuamente interdependentes. O intento dunha intervención delibe-
rada para establecer unha serie de prioridades nun grupo de posibili-
dades frecuentemente designada co termo de "codificación" ou "estan-
darización" debe ser recoñecido como un exemplo básico de
planificación. Se, alén de actuar en favor dalgunhas prioridades, un
individuo ou un grupo determinado se compromete a idear novas
opcións, a planificación, desde logo, adquire unha maior visibilidade e
frecuentemente ve dificultada a súa execución.

 

[nova páxina] Itamar Even-Zohar 186

 

¿Por que certos individuos ou grupos se comprometen na planifica-
ción da cultura?, ¿que esperan lograr con isto, que mecanismos utilizan?
Estas son algunhas das cuestións que espero discutir na seguinte refle-
xión. Sen embargo, o contido específico dun repertorio planificado e os
principios utilizados na súa elaboración queda hoxe fóra do alcance da
miña análise, aínda que varias suxerencias irán aparecendo ó longo
da exposición.

 

A estas alturas creo que podo retomar con máis detalle o estudio
sobre a serie de hipóteses anteriormente mencionadas en tomo á plani-
ficación da cultura.

 

3.1. A planificación como un procedemento cultural común

 

Se a "planificación" é concibida como un acto deliberado de inter-
vención nun repertorio existente ou cristalizado, isto lévanos á miña
primeira hipótese, a saber, que a planificación da cultura é unha activi-
dade común na historia dos colectivos sociais. Creo que se pode
afirmar que desde os primeiros albores da historia unha das preocupa-
cións fundamentáis de grupos e individuos en materia de organización
social foi a ordenación de algo que puido ter xurdido como un con-
xunto desordenado de opcións, é dicir, a transformación duns inventa-
rios non estructurados en repertorios estructurados. Obviamente, tales
actos, calquera que fose a súa natureza, non poderían ficar no nivel da
simple ordenación dun conxunto xa existente e definido. Mediante o
acto mesmo da estructuración, por un lado, pódense estructurar novas
relacións para categorías xa existentes, pero a través dos procede-
mentos de combinación, analoxía e contraste poden xurdir tamén
novos componentes.

 

En consecuencia, a planificación da cultura comezou definitiva-
mente, a xulgar polas evidencias disponibles, co primeiro grupo organi-
zado humano coñecido, a antiga civilización sumeria de Mesopotamia.
Nesta, e en fases posteriores da historia coñecida da humanidade, é
dicir, Akkad, Exipto, Babilonia e Asiría, o Imperio Hitita, incluídas
outras organizacións políticas (así Mari, Ebla ou Iamhad), sobre as que
se foi adquirindo un coñecemento máis detallado nos últimos anos, a
planificación pasou a mans dos que lograron acceder ó control físico
dos grupos sobre os que intentaron impoñer unha cultura organizada.

 

O evidente interese na planificación da cultura expresado polos
gobernantes desas entidades é unha clara evidencia da súa conciencia
de que a forza física era insuficiente como único instrumento eficaz
dunha dominación perdurable. A aparición de prácticas e institucións
relixiosas centralizadas (a diferencia, quizais, de determinados cultos
locais), conforme nos revelan os historiadores, pode explicarse mellor
en termos dunha cohesión social que se imparte a través dunha leal-
dade cognitiva conseguida coa persuasión.

 

[nova páxina] Planificación da cultura e mercado 187

 

Ó adherirse a unha mesma relixión, a colectividade adquire un
determinado coñecemento da realidade, e coñece as opcións e reperto-
rios que ten á súa disposición e cales destes lle son indispensables. Os
estudiosos do antigo Exipto suxeriron unha explicación para a miste-
riosa preocupación desta cultura pola construcción dos monumentos
funerarios que coñecemos co nome de pirámides. Na súa opinión, a
empresa enteira debíase á necesidade de inventar un proxecto común
que persuadise á poboación a aceptaren un certo repertorio que lles
indicase cal era a orde social e quen eran eles mesmos. Mesmo en
Asiria, desacreditada en certa medida por mor da brutalidade e do uso
extremo de violencia que exercía, os seus gobernantes mostraron un
certo interese na autopromoción por medio da propaganda
6. O canto
das autolouvanzas por ter fornecido un bo nivel de vida ós seus súb-
ditos parece ter sido un clixé usado polos gobernantes nas súas inscri-
cións en toda a zona do Fértil Crecente (Azitawadda de Karatepe e
Killamu de Sam'ál son só dous exemplos que me veñen agora á
mente
7). E as precoces escalas de Sumer, coas súas innovacións no sis-
tema de escritura e no canon textual, son o máis antigo modelo coñe-
cido en termos de sistemas educativos, academias e institucións que se
ocupan da configuración canónica, e todos estes serven como os ins-
trumentos máis idóneos para a implantación dos repertorios desexados.

 

En suma, a toma de conciencia por parte dos gobernantes da nece-
sidade de adoptar unha acción deliberada a fin de crear un repertorio
cultural que sexa aceptado polo menos por unha parte da poboación
baixo o seu dominio non é un fenómeno moderno, nin o é o recruta-
mento de xente para acometer a súa planificación.

 

Parece, non obstante, que é unicamente no antigo Israel, e máis
tarde na antiga Grecia, onde por vez primeira determinados individuos
asumen a tarefa de fornecer repertorios alternativos, ou algunhas das
súas partes, e de traballar publicamente para a súa aceptación.

 


 

6. Tadmor, Hayim. "History and Ideology in the Assyrian Royal Inscriptions" en
Assyrian Royal Inscriptions: New Horizons (in Literary, Ideological, and Historical Analysis).
Ed. F. M. Fales. Orientes Antiqvi Collectio XVII, Istituto per L'Oriente, Roma, 1981, pp. 13-
33.
Do mesmo autor "Monarchy and the Elite in Assyria and Babilonia: The Question of
Royal Accountability" en The Origins and Diversity of Axial Age Civilizations Ed. S. N.
Eisenstadt, State University of New York Press, Bufalo, 1986, capitulo 8, pp. 203-227.

 

7. Azitawadda (séculos VIII-IX a. de C.) xactábase repetidamente de que no seu
tempo, "por todo o val de Adana desde a saída ata a posta do sol [...] había abundancia
de comida e vivían ben todos os Danaeos e todo o Val de Adana" Vid. Tur-Sinai, N. H.
"Ha ktobet ha knaanit mi Karatepe (A inscrición canaanita de Karatepe)" en Ha-lashon ve
ha-sefer
Vol.
I (The Language and the Book: The Language). Mossad Bialik, Xerusalén,
1954, pp. 66-80.

 

Killamu (século XII a. de C.) presumía de que "[...] para algúns fun un pai, e para
outros unha nai, e para outros un irmán. A aquel que nin a cara dunha ovella vira fíxeno
propietario dun rabaño, ó que non vira a cara dun touro fixeno propietario dunha
manada [...], e así sucesivamente.
Vid. Donner, Herbert e Röllig, Wolfgang. Kanaanitische
und Aramäische Inschriften
I-II.
Harrassowitz, Wiesbaden, 1971, nº 24. (As traduccións
son minas).

[nova páxina] Itamar Even-Zohar 188

 

Obviamente, refírome aquí ós profetas "libres" de Israel que, en aberta
confrontación cos gobernantes culturais e políticos (xeralmente repre-
sentados polo clero) arriscaron frecuentemente as súas propias vidas (o
caso de máis sona é o de Xeremías) ó propoñeren repertorios alterna-
tivos. O mesmo se pode dicir dos filósofos gregos e mais doutros
grupos ilustrados. Ambos os dous grupos poderían ser considerados,
quizais, con todos os riscos de caer no anacronismo, como prototipos
arcaicos dunha "intelligentsia", e mesmo intelectuais, pola súa relativa
ou absoluta desvinculación, aínda que non sempre, das demandas duns
gobernantes autoritarios, e mesmo en aberta contradicción con eles. A
ausencia de evidencia sobre tales individuos ou grupos nas outras
sociedades antigas mencionadas non proba necesariamente que non
existisen, senón que de existiren, non se conservan probas, un dato
que non é insignificante de seu en relación con tales sociedades.

 

Desde comezos da Idade Moderna, a fins do século XVIII, os gober-
nantes, e os demais representantes do poder, recorreron cada vez máis
(aínda que non necesariamente por autoconvicción) a unha planificación
da cultura, cun crecente uso dos repertorios fomecidos polos produc-
tores de cultura. En consecuencia, a planificación da cultura co vigor, a
intensidade e o ímpeto adquiridos, converteuse nun factor fundamental
na formación, reorganización e mantemento das grandes entidades.

 

3.2. A execución da planificación crea cohesión socio-semiótica

 

A execución da planificación proporciona cohesión socio-semiótica a
entidades reais ou potenciais, mediante a creación dun espírito de unión
entre os que se suman ó repertorio introducido por aquela execución.

 

O termo "cohesión socio-cultural" describe unha situación na que
existe un sentimento amplamente estendido de solidariedade, de
estreita unidade entre un grupo de persoas, unha situación que, en
consecuencia, non precisa unha conducta imposta pola simple forza
física. Paréceme que o concepto clave para describir esta cohesión
socio-cultural é o de "disponibilidade". A disponibilidade é unha acti-
tude mental que impulsa ós individuos a actuaren de xeito que, doutra
maneira, podería ser contrario ás súas "inclinacións naturais". Por
exemplo, ir á guerra para ser probablemente eliminado no enfronta-
mento con outros homes sería un caso extremo, pero repetido múlti-
ples veces ó longo da historia da humanidade. A creación dunha
extensa rede de disponibilidades sobre un bo número de cuestións é
algo que, aínda sendo vital para calquera sociedade, non debe ser asu-
mido como natural. Por exemplo, ningún goberno pode dar por
suposto que a xente obedecerá as "leis", estean ou non escritas, se non
se logra persuadilos para que así o fagan. A obediencia lograda
mediante a forza física, como a militar e a policial, pode resultar efec-
tiva só durante un certo lapso de tempo, pero tarde ou cedo estoupará,

 

[nova páxina] Planificación da cultura e mercado 189

 

en parte porque poucas sociedades poden permitirse manter un
número o bastante amplo de axentes da lei.

 

O pensamento sociolóxico clásico recoñeceu o poderoso papel do
que se deu en denominar "persuasión" para o "control efectivo" dunha
poboación dominada. En palabras de Bartoli, estes mecanismos con-
siten en

 

[...] persuasión cara á conformidade e á interiorización dos modelos
culturais que a clase ou os grupos que ostentan o poder consideran
necesarios para manter o equilibrio do sistema social e que, espe-
cialmente en sociedades fortemente estratificadas, outros determi-
nados grupos ou clases sociais sitúen no centro dunha estratexia
fundamental na configuración dun consenso sobre os obxectivos e
as definicións pertinentes da realidade 8.

 

Non resulta doado avaliar o nivel de cohesión socio-cultural dunha
sociedade. Paréceme de interese, sen embargo, tratar de desenvolver
algunhas categorías claras para tales avaliacións. Estas categorías poden
aclarar qué entendemos por "alto nivel", --termo que á súa vez pode
ser interpretado no sentido de "éxito" desde o punto de vista da planifi-
cación-- ou por "baixo nivel" --que pode ser interpretado neste caso
por "fracaso"--. Cando, por exemplo, uns territorios se someten á
dominación de poderes externos e a poboación local persevera no
repertorio co que cristalizara como unha entidade, podemos falar dun
alto nivel de cohesión socio-semiótica. Podería pensarse en casos como
o dos xudeus na Palestina romana, os polacos baixo a dominación ale-
mana, Rusia e Austria, ou os islandeses baixo o dominio de Dinamarca.
Por outra parte, temos evidencia dun baixo nivel de cohesión no apa-
rentemente rápido colapso e desaparición dos asirlos como unha enti-
dade con organización propia e como unha sociedade perfectamente
individualizada. Este é un exemplo especialmente chamativo polo
notorio espírito solidario asirio, baseado na brutalidade e no terror.

 

3.3.

 

A cohesión socío-semiótica como unha condición necesaria para a
creación ou supervivencia de grandes entidades sociais

 

A cohesión socio-semiótica pode chegar a ser unha condición nece-
saria para crear unha entidade nova, e/ou para a supervivencia dunha
entidade existente. As grandes entidades aquí discutidas, é dicir, as uni-
dades sociais como "comunidade", "tribo", "clan", "pobo" ou "nación",
non son --niso creo que estamos todos de acordo-- "obxectos natu-
rais". Están configurados por actos de individuos, ou de reducidos
grupos de individuos, que toman a iniciativa e logran mobilizar
os recursos necesarios para a tarefa.
O elemento fundamental destes

 


 

8. Bartoli, Paolo. Il condizionamento sociale. La Nuova Italia, Florencia, 1981.

 

[nova páxina] 190 Itamar Even-Zohar

 

recursos é o repertorio cultural que lle permite ó grupo en cuestión
xustificar o contado e a razón de ser da entidade como un colectivo
perfectamente individualizado.

 

Téñense atopado métodos diversos para crear grandes entidades
sociais, especialmente as coñecidas como "nacións", nas que obser-
vamos a procura dun repertorio apropiado para asegurar a existencia e
a perpetuación da entidade. Os métodos máis salientables parecen ser
os seguintes:

 

1. Un grupo apodérase dun territorio pola forza e controla os seus
habitantes. Se o obxectivo é unha prolongada permanencia é probable
que os membros do grupo invasor cheguen á conclusión de que para
manter e asegurar a entidade social terán que traballar na cohesión
socio-semiótica. Moitos casos históricos nos que unha relativa minoría
invade ou controla por outros medios un extenso territorio ofrecen
exemplos adecuados: os francos na Galia, os suecos en Kievo Rus, os
suevos e visigodos na Península Ibérica, os ostrogodos en Italia.

 

2. Un grupo de individuos se organiza e se entrega a unha loita
polo poder para se liberar do control que desexan rexeitar. Unha vez
asegurado o triunfo, os individuos poden atoparse nunha situación des-
concertante con respecto á entidade que crearan, a cal, unha vez rema-
tado o enfrontamento, pode desintegrarse por falta de cohesión. Este
pode ter sido o caso de Holanda logo da chamada rebelión contra a
dominación española. Segundo Schama:

 

A invención máis extraordinaria dun país que estivo chamado a
ser famoso polo seu enxeño foi a súa propia cultura. De elementos
tomados de materializacións culturais previas, os holandeses crearon
unha nova identidade. A súa configuración foi unha resposta a algo
que doutra maneira sería unha lexitimación negativa insoportable: a
rebelión contra a autoridade real. A diferencia dos venecianos,
posuidores dunha mitoloxía histórica que estragou unha liñaxe de
continuidade e antiguidade inmemoriais, os holandeses comprome-
téranse irrevocablemente a unha "ruptura" co seu pasado, e víronse
obrigados a reinventalo para pechar a ferida e organizarse de novo
como entidade política. Nun nivel máis pragmático, era obrigado
que a lealdade popular se mobilizase exclusivamente en favor da
nova Patria. As demandas dunha cultura holandesa do norte cifrá-
banse, daquela, na identificación de todos os habitantes de dentro
das fronteiras da nova República cun destino común novo, para
estigmatizar o pasado inmediato como alleo e impuro e o futuro
como patriótico e prístino 9.

 


 

9. Schama, Simon. The Embarrassment of Riches: An Interpretation of Dutch Culture
in the Golden Age
Alfred A. Knopf, Nova York. 1987, p. 67.

 

[nova páxina] Planificación da cultura e mercado 191

 

E engade:

 


O patriotismo holandés non foi a causa senón a consecuencia da
rebelión contra España. Independentemente da súa invención des-
pois do feito, sen embargo, chegou rápidamente a ser un foco pode-
roso de lealdade para a xente que se viu a si mesma loitando con
absoluto entusiasmo. Aínda que este entusiasmo non estivese repre-
sentado tanto pola nova abstracción dunha nova unión como por
concrecións como Leiden e Haarlen, a concepción dunha nova patria
forneceulles ós cidadáns, sen dúbida, un sentido de protección e
esperanza; de non ser así ben poderían sentirse totalmente illados
e fisicamente acosados. Non sorprenderá, xa que logo, o feito de
atopar neste período dos grandes asedios de 1570 que o primeiro
sinal de identidade nacional aparecese en moedas e medallas 10.

 

3. Un individuo, un número de individuos, ou un grupo, compro-
métense a idear un repertorio para xustificar a imposición dunha enti-
dade sobre un territorio que non coincide necesariamente co seu
propio. Isto ten que ver frecuentemente coa denominada unificación
exitosa de diferentes territorios. O mesmo método pode, sen embargo,
funcionar de maneira oposta, é dicir, pode suceder que un certo terri-
torio se separe total ou parcialmente dunha entidade maior.

 

Os exemplos máis salientables do primeiro tipo, é dicir, o da "unifi-
cación", poden ser os de Alemaña e Italia, dous estados fundados
arredor da mesma década (1860-1870). En ambos os dous casos, o tra-
ballo dos planificadores precedeu ó curso dos acontecementos polí-
ticos. En Alemaña, como indicou un obvservador anónimo "Bismark
non sería quen nunca de crear a unidade política se os nosos escritores
clásicos non fundasen con anterioridade a unidade espiritual"
11. En
Italia, sen a colaboración de tal repertorio o minúsculo, e en opinión
de moitos ridículo, reino de Piemonte-Sardeña non podería lograr uni-
ficar a totalidade da península italiana con Sicilia. Como exemplos do
segundo tipo, é dicir, da separación, poden servir todos os casos de
estados e provincias creados pola separación dun estado máis amplo,
tales como Checoslovaquia logo da primeira guerra mundial, ou
Eslovaquia en 1993, ou calquera das nacionalidades de España, máis
concretamente Cataluña e Galicia.

 

4. Un grupo que non pode sobrevivir cultural ou físicamente como
unha entidade nun territorio (onde pode ser unha minoría perseguida
ou discriminada) emigra a algún outro territorio e alí activa un reper-
torio que non podería desenvolver no seu país natal. Isto podería valer
para a emigración algo nebulosa da xente nórdica que fundou Islandia

 


 

10. Ibidem, p. 69.
11. Goldstein, Moritz. Begriff und Programm einer jüdischen Nationalliteratur
Jüdischer Verlag, Berlín, 1912, p. 20.

 

[nova páxina] 192 Itamar Even-Zohar

 

no século IX, ou a emigración dos puritanos ingleses a Nova Inglaterra,
ou a emigración dos xudeus a Palestina a fins do século XIX
12.

 

En todas as variedades de emergencia e cristalización de entidades
se fai evidente, calquera que sexa a vía seguida, que os esforzos por
asegurar a pervivencia dunha entidade a través do tempo son segura-
mente dun interese primario para os que están interesados nela.
Canto maior sexa a entidade, maior será a dificultada en mantela sen
un mínimo de acordo común entre os seus membros
13. Canta maior har-
monía se acade coa cohesión socio-semiótica, tanto máis este interese
común será a preocupación dun número cada vez maior de individuos.
De non se lograr, ou de non se intentar sequera, naturalmente quedará
reducido a un interese duns poucos privilexiados que se benefician da
existencia da entidade. Co tempo, isto pode facer perigar, non obstante,
a supervivencia da entidade na súa totalidade e en consecuencia poner
en perigo tamén os intereses do propio grupo privilexiado.

 

Por suposto, cando falo de "colapso" non me refiro á desaparición
física dun grupo de individuos, aínda que esta ben poderia ser unha
das consecuencias dun cambio violento de poder. Os exemplos son
demasiado numerosos e demasiado obvios para seren citados. O' que
eu fago alusión en tales casos é obviamente á terminación --perma-
nente ou temporal-- da existencia da entidade como colectivo coa súa
propia identidade. Isto supón que os individuos se adhiren a un reper-
torio diferente que non poden xa usar para se definir como "distintos"
con respecto a todos os demais.

 

3.4. A planificación necesita unha base de poder

 

O realmente importante na planificación da cultura é a posibilidade
da súa exitosa execución. Por conseguinte, os planificadores deben
posuír o poder, e/ou conseguilo, ou ben obter o apoio dos detenta-
dores do poder.

 

O propósito desta hipótese, por trivial e evidente que pareza, chama
a nosa atención sobre o feito de que a preocupación pola producción
dun repertorio como tal é só unha condición necesaria para que unha
planificación se leve a cabo. Sen embargo, sen a intervención do poder,
difícilmente se pode obter resultado ningún. Non obstante, o poder pode
conseguirse a varios niveis e de ningunha maneira se pode considerar
unha simple noción en relación ós productores da cultura.

 


 

12. Sobre a planificación da cultura en Palestina vid. Even-Zohar, ltamar. "The
Emergence of a Native Hebrew Culture in Palestine, 1882-1948" en Poetics Today 11:1,
pp. 175-191.

 

13. Para máis información sobre o concepto de "acordo", vid. Dodd, Philip.
"Englishness and the National Culture". Eds. Robert Colls and Philip Dodd en Englishness:
Politics and Culture 1880-1920
Croom Helm, Londres, 1986, pp. 1-28, especialmente p. 2.

 

[nova páxina] Planificación da cultura e mercado 193

 

As máis das veces, o compromiso dos intelectuais con producción
dun repertorio parece ser un puro xogo. Coa aparición dos autodeno-
minados productores, é dicir, uns individuos que realizan servicios que
non dependen dos detentadores do poder, os productos que ofrecen
poden non alcanzar máis que un círculo moi limitado. A xente que
produce textos nunha lingua que non é aceptable para os grupos
dominantes, ou inventa e reinventa a lingua utilizada, ou se entrega a
infinitas discusións sobre a natureza da entidade ideada, sobre a identi-
dade dos seus futuros membros, sobre o estilo de vida que reempra-
zaría ó dominante e así sucesivamente --esta xente pode parecerlle
patética a un gran número de contemporáneos, que quizais consideren
este tipo de actividades como algo estéril--. Sen embargo, unha vez
que o producto sae do círculo inicial e consegue dalgún xeito entrar no
mercado, pode dar lugar a un grupo maís amplo e converterse na base
do poder necesario para iniciar un proceso que en última instancia
posibilite os cambios desexados nun determinado estado de cousas. A
situación sofre entón un cambio radical, ó transformar uns aparente-
mente productores de cultura en poderosos axentes de poder.

 

Unha planificación que se poida converter nun proceso capaz de
reemprazar un repertorio pode iniciarse a partir dun producto aparen-
temente inofensivo. Desde logo, en moitas entidades novas --do tipo
que sexan-- pódese seguir a pista das súas raíces a estes productos,
quer sexan epopeas presuntamente escritas a partir das narracións orais
dos antigos leñadores de Karelia (penso, por suposto, no Kalevala
finés), ou nas composicións líricas escritas nunha lingua desprestixiada
por unha fráxil muller case recluída en Santiago de Compostela (refí-
rome, por suposto, a Cantares gallegos de Rosalía de Castro). A epopea
finesa ou os poemas rosalianos convertéronse en pedras angulares
duns repertorios novos para iniciar un tipo diferente de cohesión socio-
semiótica. En Galicia, o círculo reducido ó que Rosalía, e en especial o
seu home, Manuel Martínez Murguía, pertencían --coa organización
duns "inocentes" Xogos Florais, emblematicamente representados polos
celebrados en Tui en 1891-- crearon a primeira canle pública para as
novas opcións que se ían ofrecer a un potencial mercado de consumi-
dores. Na Italia anterior á unificación, as óperas de Verdi deberon
xogar un papel semellante, cos textos censurados dos seus libretos,
quizais excesivamente perigosos para o poder dominante.

 

Os Xogos Florais e mais unha variedade de asociacións e socie-
dades que adoptaron denominacións tan inofensivas como
"Irmandades da Fala" en Galicia, son uns instrumentos primarios, e
mesmo excesivamente toscos, para a creación de bases de poder na
execución dunha planificación da cultura. Aínda que se poidan solida-
rizar como formacións políticas, é dicir, partidos e organizacións sociais
masivas, non podo identificar ningún caso no que as actividades
fixesen progresos sen unha compenetración de asociación ou colabora-

 

[nova páxina] 194 Itamar Even-Zohar

 

ción cos detentadores potenciáis ou reais do poder. Na península ita-
liana a planificación da cultura podería ser practicada durante un longo
período de tempo sen acadar o obxectivo de crear unha nova Italia e
uns novos italianos --non só políticamente independentes de Austria e
mais de España senón tamén predispostos a seguir novos vieiros na
organización da vida colectiva--. Foi a compenetración das súas aspira-
cións coas ambicións políticas do primeiro ministro do Piemonte,
Cavour, a que fixo todo posible, de forma case repentina. Ideas frus-
tradas, como o renacemento da lingua literaria italiana, poderían
comezar a adquirir realidade por fin co establecemento do estado ita-
liano. Do mesmo modo, máis de cen anos de demorados esforzos por
crear unha entidade galega con identidade propia non puideron pro-
ducir o mesmo resultado que uns sete ou dez anos de goberno autó-
nomo. Aínda que serodiamente, este goberno "demostra", por así dicilo,
que se podía utilizar con éxito o rico repertorio xa disponible, e máis
particularmente, a lingua rexuvenecida galega, como base de xustifica-
ción óptima para a identidade política de Galicia, unha das necesidades
máis imperiosas na tarefa de asegurar a continuidade da súa autonomía.

 

3.5. A planificación efectiva pode converterse no interese dunha entidade

 

Está suficientemente comprobado que os planificadores e os deten-
tadores de poder poden adquirir, mediante unha execución exitosa, o
dominio ou control dunha entidade determinada. Para citar de novo a
formulación de Bartoli, que considero emblemática da tradición socio-
histórica, tal dominio é o propósito e o obxectivo último da planificación
da cultura: os detentadores do poder buscan reforzar as súas posicións
coa proposta dun repertorio atractivo a un sector maioritario da poboa-
ción, en tanto que os productores de cultura se poden transformar en
detentadores do poder, se o seu producto é aceptado, ou ben recibir o
seu apoio. En calquera caso, unha planificación exitosa pode reportarlles
beneficios a ambos os dous grupos.

 

Este tipo de análises é perfectamente aplicable a bastantes casos
nos que difícilmente se poden atopar outros intereses da mesma
relevancia. Para un conxunto de individuos dun determinado territorio
os beneficios derivados do establecemento dunha organización alén
dos seus límites non son en absoluto evidentes. Pola contra, poden
mesmo constituir unha ameaza para as súas liberdades e impoñerlles
cargas onerosas.

 

Só cando se ten conciencia de que se poderian derivar beneficios
do establecemento dunha gran organización ou de que a súa ausencia
pode producir perdas, só daquela pode a xente amosar unha acepta-
ción activa ou pasiva. Isto non significa que na práctica os encargados
de levala a cabo reciban axuda dos demais individuos da sociedade, o
que si é certo é que se atoparán algúns impedimentos máis.

 

[nova páxina] Planificación da cultura e mercado 195

 

Non debera estrañar, polo tanto, que uns componentes fundamentáis
dun repertorio alternativo teñan que ver frecuentemente con temas
como a discriminación que, segundo se afirma, só se pode eliminar se o
repertorio vixente resulta derrocado. Se os nosos opresores, por
exemplo, fan burla nosa e nos discriminan porque carecemos do
dominio da lingua que eles mellor coñecen, daquela, unha alternativa
pode ser o uso da "lingua de noso". Esta "lingua propia" presentase fre-
cuentemente como un recurso natural, accesible por igual ós membros
do grupo en cuestión. De feito, case nunca se dá esta situación porque
o normal é que a lingua sexa reconfigurada a partir dun estado non nor-
malizado, privando ós seus usuarios da súa accesibilidade e familiari-
dade. En moitos outros casos (o italiano, por exemplo) a lingua é en
realidade a lingua de ninguén. Isto é aplicable a outros componentes do
repertorio, tales como os costumes, vestimenta e alimentación diarios, as
normas de interacción, etc. Sen embargo, en todos os casos, se son
accesibles sen dificultada ou adquiridos mediante aprendizaxe, o real-
mente importante non é a condición do repertorio alternativo como
"nativo", senón a súa diferencia coas opcións vixentes. Se un repertorio
diferente pode ofrecer as opcións que doutra maneira serían excluidas,
daquela, a posibilidade da súa aceptación élugar a dúbidas inmi-
nente.

 

Os mesmos factores son aplicables a unha situación perfectamente
institucionalizada e cunha entidade xa ben definida. En tales casos é de
esperar un alto grao de cohesión socio-semiótica que leva ós membros
da entidade a ofreceren resistencia a repertorios non desexados que se
lles intenta impoñer. Nestes casos ten sentido argumentar que a resis-
tencia a un repertorio alleo, ou o interese en promover repertorios pro-
pios, chega a ser un sentimento común, senón unha conciencia ben
estendida, entre os membros da entidade. É, desde logo, a súa única
forma de supervivencia como entidade e unha estratexia para garantir
os seus privilexios.

 

Naturalmente, queda por discutir en que medida esta conciencia é
consecuencia duns privilexios reais disfrutados por todos os membros
dunha comunidade, ou o resultado dunha efectiva manipulación por
parte dos axentes do poder. Considero que esta é unha cuestión que
debe ser analizada en cada caso particular. Adiántome a desestimar cal-
quera análise de tipo unilateral ou parcial: por unha banda, a análise
pode caer nun falso idealismo, describindo tales compromisos como
apoiados por todos os membros da comunidade dos que se di que,
devotos da causa, se decatan de ata que punto os seus máis profundos
"valores" están en xogo, e por outra, pode reducir o proceso a unha
manipulación básicamente cínica coa única finalidade de reportar
ganancias ós que se benefician da credulidade común.

 

[nova páxina] 196 Itamar Even-Zohar

 

3.6.

 

Os factores do mercado non se acomodan fácilmente ós novos
repertotios

 

Posto que, por definición, a execución efectiva dunha planificación
da cultura supón a introducción de cambios nunha determinada situa-
ción, as perspectivas de éxito dependen tamén dunha explotación efec-
tiva das condicións do mercado. As posibilidades de fracaso son, en
consecuencia, constantes. Ademais, cando as resistencias son fortes
pode darse un fracaso --parcial ou total.

 

O "mercado" é un agregado de factores relacionados coa compra-
venda de productos e coa promoción de varios tipos de consumo.
Nesta definición inclúense todos os factores que participan no inter-
cambio semiótica ("simbólico") desas transaccións, e con outras activi-
dades a el vinculadas. De ser certo que é a "institución cultural" a que
trata de dirixir e dictar os tipos de consumo, determinando os valores
dos diversos artigos de producción, o que realmente determina o seu
éxito ou o seu fracaso é o tipo de interacción que establece co libre
mercado. Na realidade socio-cultural, os factores da institución cultural
e os de mercado poden entrecruzarse no mesmo espacio: por exemplo,
os "salóns" literarios son ó mesmo tempo institucións e mercados.
Aínda así, os axentes específicos que desempeñan o papel dunha insti-
tución ou un mercado poden non coincidir en absoluto. Unha escola,
por exemplo, é unha sucursal da "institución" desde o punto de vista
da súa capacidade para vender o tipo de bens que a orde imperante (é
dicir, o miolo da institución cultural) desexa vender ós estudiantes. Os
profesores funcionan normalmente como axentes comerciáis, ou o que
é o mesmo, como vendedores. Os compradores, transformados necesa-
riamente nun tipo de consumidores, son os estudiantes. As instalacións
escolares, entre as que hai que incluir os conseguintes modelos de inte-
racción, constitúen strictu sensu o espacio mercantil. Sen embargo,
todos estes factores xuntos, nunha análise máis detallada, poden ser
considerados como o "mercado".

 

A efectiva execución dunha planificación da cultura demanda, xa
que logo, capacidade de venda e publicidade comercial. Pode argu-
mentarse que isto soa a simplificación, porque o consentimento para
mercar un producto comercial non organiza necesariamente a vida do
comprador da mesma forma que o fai un repertorio de cultura; é dicir,
os productos non dictan unha interpretación da realidade nin as pautas
de comportamento que deles poden derivar. Non creo que sexa este
o caso, porque parece existir un acordo considerable con respecto ó
papel de consumo moderno na interpretación da realidade por parte da
sociedade de consumo. A liña divisoria entre os diversos modos de
inculcación está noutra parte, a saber, non na profundidade e o peso,
por así dicilo, dos productos que se promocionan, senón no seu grao
de interiorización.

 

[nova páxina] Planificación da cultura e mercado 197

 

Como ben é sabido, a inculcación dun repertorio só pode pretender
acadar éxito. A xente acéptao porque non existe outra alternativa, é
dicir, porque se lle impón, ou porque as circunstancias así o requiren,
ou porque esta é a única opción disponible desde os primeiros
momentos da socialización, concretamente, desde o fogar familiar e a
escolarización. A adhesión pública ó repertorio proporciona ganancias
evidentes, tales como chegar a ser membro do Partido Comunista na
U.R.S.S., ou cantar as louvanzas do camarada Stalin. Se isto supón unha
negación completa da divindade, calquera indicio de relixiosidade
pública pode ser eliminado da vida da xente. Sen embargo, ó día
seguinte da caída da xa inexistente U.R.S.S. a xente moza na Rusia pos-
comunista, que non tivera acceso ningún ós cultos relixiosos, abrazaron
ansiosamente a relixión ortodoxa; velaquí un repertorio cultural alterna-
tivo en aberta contradicción coa súa formación previa.

 

Sen embargo, permítanme reiterar que para que un repertorio sexa
eliminado e reemprazado por outro non ten por que se dar un cambio
de repertorio dentro do mesmo grupo social. Abonda con que se dea
un cambio de posicións dentro da sociedade, por medio da cal o grupo
que se adhire a un repertorio dado é empuxado cara á periferia da
estructura total da sociedade, para que este repertorio perda a súa posi-
ción primaria. Procesos semellantes hainos ben deles en calquera socie-
dade, unha hipótese que nos obriga a admitir que de aceptarmos a
teoría do mercado, daquela, calquera producto corre sempre o risco do
derrocamento por parte dos seus opositores. No ámbito cultural, estes
opositores poden estar representados por un grupo que foi previa-
mente derrotado. De aceptarmos a idea do polisistema, cada vez que
nos permítimos observar unha "fase nova" nun sistema, o que real-
mente observamos --como hai anos foi claramente conceptualizado
por Tynjanov
14-- é o éxito dalgún repertorio novo no seu camino cara
ó centro. Este triunfo non aniquila necesariamente o repertorio máis
antigo: pode que soamenie o destrone. O derrotado pode ser nese
momento demasiado débil para frustar a implantación exitosa do reper-
torio novo, pero pode facerse o suficientemente forte como para inten-
talo nun futuro.

 

Gustariame insistir en que con demasiada frecuencia nos vemos ten-
tados, quizais a prol dunha elegante descrición, a aceptar situacións
perfectas. En materia de planificación da cultura, como con toda análise
da cultura, as situacións perfectamente equilibradas son só temporais, e
aínda así visibles só nun determinado sector da rede total de relacións
que chamamos "sociedade" ou "cultura". Así, cando un proceso deter-
minado, é dicir, a implantación dun certo repertorio polo que loitou un
grupo de individuos, alcanzou o seu cume, pode de feito atoparse en

 


 

14. Tynjavov, Jurij. Arxaisty i Novatory. Rep. München Fink, 1967; Akademia,
Moscova, 1929.

 

[nova páxina] 198 Itamar Even-Zohar

 

vías de decadencia e ser ineficaz para facer fronte ás novas circunstan-
cias que demandan un repertorio diferente.

 

3.7.

 

As consecuencias derivadas dun fracaso da planificación da
cultura non constitúen a decadencia da entidade senón a creación
de enerxía

 

Cando se produce un fracaso, parcial ou total, a planificación, e as
actividades correspondentes non producen necesariamente consecuen-
cias negativas desde o punto de vista do benestar da entidade perti-
nente, aínda que pode, por suposto, ser prexudicial para os individuos
involucrados nese proceso de planificación e execución.

 

Manteño que onde unha planificación tivo lugar, independentemente
das súas consecuencias, a entidade pertinente pode acadar unha mellora
no seu nivel de vida. Ademais, estou cada vez máis convencido de que
para o mantemento de calquera entidade humana, a actividade planifi-
cadora crea co tempo algún tipo de dinámica, unha intensificación da
vitalidade que lle permite á entidade correspondente ter acceso a unhas
opcións das que puido ser excluída previamente. Suxiro o termo
"enerxía" para designar este conxunto de acontecementos, polo menos
ata dar cun termo máis apropiado.

 

Pode, por suposto, argumentarse que o compromiso coa planifica-
ción é o resultado da enerxía e non así ó contrario. Onde existe diná-
mica social a xente escribe textos tamén e desenvolve ideas e contribúe
entusiasticamente a crear novos repertorios. Isto é incuestionable: a
Roma antiga ou o Renacemento florentino salientaron primeiro en
moitos outros aspectos antes de desenvolver os seus recursos culturais,
polo menos ata onde alcanza o noso coñecemento sobre estas culturas.
Sen embargo, en todos os casos que me serviron como demostración
para as miñas hipóteses a preocupación pola planificación comezou a
un nivel moi baixo no benestar dunha poboación. Isto non significa
que todos foron humillados por igual ou que sufriron unha grave dis-
criminación, senón que todos eles tiveron menos acceso ás opcións
que os outros, ou polo menos así lles pareceu desde o seu punto de
vista. Por exemplo, en comparación con Francia e Inglaterra, as provin-
cias alemanas dispuxeron durante os séculos XVIII e XIX de menos
opcións. Do mesmo xeito, a Galicia do século XIX non acabou marxi-
nada pola súa situación xeográfica na península ibérica. Pola contra,
Galicia foi a primeira provincia romana desenvolvida na península e
mantivo esta posición case ata a unificación do reino español baixo
Castela e Aragón. A súa decadencia foi debida a unha política de deli-
berado ostracismo por parte do goberno central. Os lentos e desorgani-
zados pasos cara a un renacer de Galicia, efectuados ó longo do século
XIX, constituíron a única oportunidade para poder establecerse como
unha entidade cun repertorio propio e non restrinxido ás opcións dis-

 

[nova páxina] Planificación da cultura e mercado 199

 

ponibles e permisibles provenientes do centro. Despois de todo, esta é
unha definición sintética das definicións das relacións entre "periferia"
e "centro": a unha periferia permíteselle unicamente asimilar o que
provén do centro, en tanto que este pode ofrecer novas opcións á von-
tade. O que din en chamar "enerxía" permítelle a un certo número de
xente, ou a unha entidade cun mínimo de organización, asumir os pri-
vilexios dun centro. Se o logra aumenta notablemente o seu nivel de
benestar local. Se non se fai nada, entón queda condenada a ser unha
entidade periférico.

 

Se vostedes forman parte dunha periferia, calquera cousa que fagan,
é dicir, todo o seu repertorio, é por definición inferior ó do centro,
porque o centro sempre o controla mellor ca vostedes, e tómase a liber-
dade de desenvolvelo e cambialo con moita máis liberdade. Se vostedes
falasen a "mesma lingua", por así dicilo, a lingua do centro soará aínda
un pouco diferente, e estas diferencias poden suponer varios obstáculos
cando un quere conseguir un traballo en lugares de prestixio. Esta é
unha descrición bastante adecuada das condicións de vida en moitas
partes de Inglaterra ou Francia aínda hoxe. Por outra parte, atreveríame a
manter que a situación nos territorios occitanos do sur de Francia é
mellor que a situación dos mencionados territorios ingleses e franceses,
aínda que peor que nas autonomías españolas, a pesar de que os intelec-
tuais occitanos intentaron, desde o século XIX, un renacemento mediante
a recreación da lingua e a totalidade do seu repertorio cultural
15. Como
sabemos, as periferias poden ser unha fonte de alternativas de innova-
ción e de posicións de poder. E son precisamente accións como a plani-
ficación da cultura as que poden crear tal situación.

 

Non resulta doado determinar cando os resultados dun acto de
planificación deben ser considerados como un éxito ou un fracaso.
Unha das razóns é que para os planificadores e os executores o con-
tido do repertorio pode chegar a ser máis importante que o seu obxec-
tivo último. Por exemplo, se a recuperación do galego ou do italiano
chegou a ser unha condición indispensable para os respectivos
"Renacementos", daquela, o potencial fracaso do galego precisamente
cando os obxectivos fundamentáis da entidade galega parecen ter xa
alcanzado o seu cume, podería desilusionar ós que condicionaron a
súa visión do mundo e a súa identidade persoal á lingua, aínda que
a lingua estivese destinada a mellorar, non empeorar como podería ter
sucedido, as oportunidades dos individuos en relación co acceso ás
opcións sociais.

 

A razón destas quizais tristes situacións estriba na natureza mesma
da planificación. Pode ser breve se os planificadores e os detentadores

 


 

15. Thiesse, Anne-Marie. Écrire la France: Le mouvement littéraire régionaliste de
langue française entre la Belle Époque et la Libération
.
Presses Universitaires de France,
Paris, 1991.

 

[nova páxina] 200 Itamar Even-Zohar

 

do poder colaboran. Sen embargo, se os planificadores teñen que cons-
truír unha base de poder e dedicarse á creación dun repertorio o sufi-
cientemente atractivo para atraer ós detentadores do poder, daquela, o
lapsus temporal entre a planificación e os resultados pode ser moi
longo, ás veces secular como no caso galego. En situacións semellantes,
o repertorio alternativo planificado, deseñado e adaptado a unhas con-
dicións iniciais pode resultar desgraciadamente anticuado cando se
queira iniciar a súa implantación. Por exemplo, se aínda parecía
posible, hai tres décadas, sacar fóra da súa miseria á poboación galega
mediante a lexitimación da chamada "lingua propia", os galegos actuais
decatáronse de que limitándose a isto nada máis, lexitimada como está
oficilamente a lingua galega, son máis probables as perdas que as
ganancias. O resultado é que mentres un ve a lingua galega en todos
os indicadores públicos, en camiños e edificios e en todos os formu-
larios administrativos oficiais, os estudiantes e mais os seus pais galego-
falantes séntense cada vez máis proclives a preferir o castelán, unha
lingua descrita no patrimonio galego como a fonte de todo mal. Sen
a lingua como un ingrediente fundamental do novo repertorio galego,
non se podería, sen dúbida, lograr o actual éxito socio-político de
Galicia. Sen embargo, coa lingua como un vehículo principal, ou
mesmo exclusivo, de interacción socio-cultural, Galicia pode conde-
narse ó atraso. (O mesmo sucede co "bilingüismo total"). Non obstante,
sen os conflictos en torno a estes e outros compoñentes do repertorio,
Galicia non creará enerxía ningunha. Quizais non sexa máis que o
prezo que deba pagar o ser humano por intervir na orde universal.

 

 

 

I. E-Z.